As modalidades deportivas nas que se competirán nestes xogos son balonmán feminino e masculino, voleibol feminino, baloncesto masculino e feminino, natación e natación adaptada, atletismo e atletismo adaptado. Como novidade desta edición, ao Fútbol 7 masculino súmase Fútbol 7 feminino.
Representado ao Barco de Valdeorras, estarán nestes xogos 10 xogadores de baloncesto masculino, 10 xogadoras de baloncesto feminino, 10 participantes en atletismo masculino, e 10 en atletismo feminino.