Milladoiro volve ao Teatro Lauro Olmo este luns 7 de decembro, para presentar o seu novo traballo, "Atlántico".
A actuación, de presentación do seu último disco, forma parte da xira "Desde Maeloc", que patrocina o Xacobeo.
Comezará ás 20,30 horas, e como en todas as actividades do teatro, o aforo queda reducido a 60 persoas, e hai que respectar as medidas de seguridade sanitaria (máscara, distancia e uso de hidroxel).
Por outra banda, a compañía "Estudo Momento" presenta a Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto, con dirección deste último, na obra "1879, Casa de Bonecas", a súa versión do clásico de Henrik Ibsen.
Será o martes 8 de decembro, ás 20,30 horas.
O aforo, como sempre , está limitado a 60 persoas, e deben cumprirse todas las medidas de seguridade sanitaria establecidas.
As entradas para os dous espectáculos poden adquirirse de xeito anticipado en TonySon, e desde unha hora antes na billeteira do Teatro.












