O Barco celebra a Festa do Maios o día 1 na praza do Príncipe, onde se reunirán os Maios e leerán as coplas os participantes nos concursos. O Concello repartirá máis de 1700 euros nos tres concursos que se convocaron: maios, coplas e arcos florais. As inscricións poden realizarse ata o 29 de abril nas oficinas do Centro Comercial Aberto do Barco ou no teléfono 634 19 40 31.
Para o concurso dos Maios haberá tres premios para cada unha das dúas modalidades (artísticos e enxebres): o primeiro premio, de 350 euros o segundo, de 300, e o terceiro, de 200 euros. Tamén se otorgarán dous accésits de 100 euros cada un.
Para o concurso das Coplas hai previstos dos premios, de 250 e 150 euros e dous accésits de 75 euros.
Na categoría de arcos florais hai un único premio: un lote de libros por valor de 120 euros.
As bases, no código QR.