As obras, coas que se rematarán os traballos realizados nos últimos anos polo Concello nesta rúa para a súa remodelación integral, contan cun orzamento de algo máis de 160.000 euros, dos que 100.000 serán aportados pola Deputación, e o resto polo Concello do Barco.
Na presentación, a inxeniera autora do proxecto, Claudia Sánchez Lagarejo, explicou as características funcamentais da obra, na que se inclúe a renovación de todas as infraestruturas da marxe esquerda, así como o soterrado dos servicios de electricidade e telefonía. Tamén se renovarán as beirarrúas e o asfaltado da rúa.
No encontro entre o alcalde do Barco e o presidente da Deputación, este sinalou que esta obra é un bo exemplo do gran clima de entendemento existente entre ambas administracións, e proba da importancia que a institución provincial concede ao Concello do Barco que, dixeo, “é o motor económico dunha comarca tan importante como Valdeorras”.