Este mes de decembro volve a programación de cine comercial no Teatro Lauro Olmo. Como en todas as actividades que se celebran neste recinto, hai establecidas medidas de seguridade especiais por mor da crise sanitaria que se está a sufrir pola Covid-19.
Entre esas medidas especiais está a limitación de aforo a 60 persoas como máximo, con distancia entre os espectadores que non sexan unidade familiar, e deberá usarse máscara e xel hidroalcohólico para entrar na sala.
Toda a programación, no cartel adxunto: programación decembro











