As inscricións das comparsas para participar no desfile poderán realizarse entre o 26 de xaneiro e o 9 de febreiro nas oficinas de AEVA no Barco, e as normas de participación son as seguintes:
1/ Poderán participar comparsas de 10 ou máis persoas.
2/ As comparsas deberán tomar parte, en todo o seu percorrido, do desfile que terá lugar o martes día 13 de febreiro de 2024 a partir das 17:30 horas e que, partindo da avenida Conde de Fenosa, percorrerá varias rúas do Barco rematando na praza Maior.
3/ Deberán inscribirse ata as 14 horas do día 09 de febreiro de 2024 nas oficinas da Asociación de empresarios de Valdeorras (AEVA) situadas na rúa España número 1 do Barco.
4/ Na inscrición deberán constar os seguintes datos:
- Nome e apelidos, DNI, e-mail, teléfono e sinatura da persoa que fai a inscrición.
- Nome da comparsa e número compoñentes da mesma.
5/ Cada comparsa inscrita deberá levar en lugar visible o seu número de inscrición, no momento do desfile, para facilitar a súa identificación.
6/ O xurado encargarase de comprobar en varios puntos do percorrido que os datos contidos na inscrición se axustan á realidade.
7/ Establécense os seguintes premios:
- comparsas de 10 e 20 persoas 150 euros.
- comparsas de 21 a 30 persoas 250 euros.
- comparsas de 31 a 40 persoas 295 euros.
- comparas de 41 persoas en diante 350 euros.
8/ Os premios pagaránselle aos representantes de cada comparsa (persoas que teñan feito a inscrición) ao finalizar o desfile, previa identificación coa presentación do DNI.
9/ A participación no concurso supón a aceptación das presentes normas.