O pincho elixido polos clientes como o mellor desta edición foi o presentado como “Mexillón ao cubo”, do Restaurante Piquiño. O segundo posto foi para o Bar Bailarín, co pincho “A medalla”, e o terceiro para o petisco “Nido do puli”, do bar ZigZag.
Nesta edición sorteáronse ceas para catro clientes desta Ruta, resultando gañadores do sorte Fernando Valcarce Arias, Ismael Palla Vega, Jorge Rodríguez Afreijo e María Rebeca Delgado. Por último, e como novidade desta edición, entregouse un premio para a mellor participación en redes sociais co hashtag #obarcovaideviños24 a Laureano García Rodríguez.
Os organizadores –Concello do Barco, AEVA e CCA- valoraron moi positivamente esta edición da ruta, que se está a consolidar como unha cita gastronómica imprescindible no Barco na semana anterior á celebración da Festa do Botelo.