A maioría dos restaurantes ofrecen dous menús diferentes –o do botelo e o do cocido-, con prezos tamén diferenciados, e que oscilan entre 16 e 35 euros, según os casos. Entre os establecementos participantes non hai só restaurantes, senón tamén especialistas en comidas para levar á casa. A idea é que ninguén quede sen pode degustar o botelo e o cocido valdeorrés.
No folleto están todos os participantes, así como os seus datos de contacto para as realización das reservas.














