Os locais participantes presentan pinchos de elaboración propia, que venderán a 2,50 euros a unidade. Os clientes que acudan aos establecementos para degustar os pinchos poderán votar aos seus preferido. Os tres con máis votos recibirán premios, e tamén o público poderá optar a diferentes premios: presentando sellos de cinco establecementos,, entrarán nun sorteo de catro cenas para dúas persoas nos restaurantes Piquiño, Pazo do castro e Fernando III. E haberá outro premio para o cliente que suba mellores fotos a redes co hashtag “vaideviños24” ou “obarcovaideviños24”.
A ruta está dividida en 4 zonas: mencía, godello, garnacha e sousón e participarán o 13/14, o Bailarín, Bajo 5, Beer para Crer, El Dorado, El Muro del Malecón, Excalibur, Cavernícola, La Fábrica, Maltería, La Pampa. La Unión, Los Cuñados, Maracuchos, Buraco, Piquiño, El Pollo Borracho, San Roque, Veira Sil, Tapería Agarimo e Ziz Zag.
O alcalde Barco, Alfredo García, destacaba na presentación a aposta do Concello polo turismo e especialmente polo enoturismo, destacando a importancia de que o sector hostaleiro sexa dinámico e de calidade.










