A Feira de Viloira volverá a celebrarse este próximo 6 de decembro, tras dous meses sen realizarse, ao decidirse a súa suspensión no mes de outubro debido á situación sanitaria que neses momentos se rexistraba na comarca.
A evolución que se ven producindo desde entón, e que supuxo unha importante diminución do número de casos activos de Covid-19 no municipio, é unha das razóns polas que se decide agora a súa reanudación, sempre mantendo todas las medidas sanitarias establecidas polas autoridades na materia. En todo caso, esta decisión podería anularse en caso de que cambiara a boa tendencia que se está a rexistrar neste momento.
No recinto da feira de Viloira se colocarán vallas para establecer sentidos de circulación para os visitantes, con entradas e saídas diferenciadas, co fin de evitar cruces entre as persoas que acudan á Feira.
A Policía Local encargarase de establecer as medidas para que se cumpran as normas de seguridade, e tamén de controlar a afluencia de persoas no recinto da feira, cuxas entradas poderían pecharse en algún momento para controlar o aforo.
Ao mesmo tempo, pídese aos titulares dos postos que adopten as medidas de seguridade (máscaras, xel hidroalcohólico e distancias) que se marcan para este tipo de actividades comerciais ao aire libre.











