Tamara Canosa é a directora deste extraordinario traballo escénico, que mereceu dous premios na última gala dos María Casares, o de actriz protagonista e música.
A obra conta o freazo que sofre a vida de Ada cando nace Liberto. Dende unha sala de espera vivirá a experiencia máis determinante da súa vida. Ada verá como a súa vida da varios xiros copernicanos. “Liberto” é un canto á vida, é teatro con música en directo que mestura realidade e ficción e que interpela directamente ao público. É unha reivindicación do imperfecto, do humano. É un texto e unha proposta formal asentada nas atmosferas sonoras que falan da vida, do sensorial e instintivo.
O aforo do Teatro Lauro Olmo segue a ser de 60 localidades como máximo, con espazos entre os espectadores e uso obrigado de máscara.
A compra anticipada de entradas poderá realizarse na tenda “TonySon”, e, desde unha hora antes de comezar a función, na billeteira do teatro.











