Gómez Vidal é un home moi querido no Barco, onde naceu, e tamén no resto da comarca de Valdeorras, tanto polo seu bo facer profesional como polo seu compromiso social e a súa vinculación en actividades de todo tipo. Loitador incansable en todos aqueles temas importantes para O Barco e os seus veciños, traballou sempre para conseguir mellorar as condicións de vida de todos os barquenses. Vinculado a moitas causas, tamén se ten significado en ámbitos deportivos, culturais e políticos, neste último caso como concelleiro no Barco hai algúns anos.
Coa súa elección para este ano, o Concello quere destacar a personalidade de Gómez Vidal, médico de profesión, traballador do servizo de Urxencias do Hospital Comarcal Valdeorras e polo tanto situado na primeira liña da loita contra a Covid 19. Pero ademais, Gómez Vidal foi un dos sanitarios que resultou infectado polo virus. Polo tanto, a súa elección como pregoeiro é ao mesmo tempo un recoñecemento tanto aos profesionais da sanidade pública como aos afectados pola enfermidade.








CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS
--
Noticias
O médico Eduardo Gómez Vidal será o pregoeiro do Cristo 2021
subvencion Noticias

- Sede
Electrónica - Portal de
Transparencia - Perfil do
Contratante - O noso
Rueiro - Camiño de
Inverno - Suscríbete en
TokApp - Subvencións á
Cidadanía - Web
Turismo
Obras do concello do Barco financiadas por:


