As restricións decididas pola Xunta de Galicia para o municipio do Barco de Valdeorras, de aplicación desde as 00,00 horas do día 1 de octubre, establecen unha serie de medidas para a poboación en xeral, entre as que están a redución de aforos en diferentes actividades.
Debido a esta situación, o Concello do Barco decidiu suspender as actividades previstas no Teatro Lauro Olmo (proxecións de cine e representación teatral), así como a feira de Viloira do día 6. Tamén quedan suspendidas as actividades no Salón de Actos do Edificio Multiusos.
O Concello do Barco volverá a estudar a situación ao tempo que o fagan as autoridades sanitarias da Xunta de Galicia, mantendo a suspensión de actividade mentres sigan as medidas restritivas determinadas polo goberno galego.