Son Establecemento
ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES NA CAMPAÑA MÁIS BARCO
A campaña está dirixida ao sector comercial e da hostalaría que foi afectado polo peche obrigatorio dos pasados meses de marzo, abril e maio. Poderán acollerse autónomos e pequenas empresas do municipio do Barco de Valdeorras, estean ou non asociados a AEVA, que dispoñan de TPV e acepten as bases reguladoras da campaña Máis Barco.
Tanto os establecementos comerciais como hostaleiros deben desenvolver unha actividade encadrada dentro das actividades recollidas nesta campaña e que poden consultarse nas Bases Reguladoras. Cada establecemento recibirá un distintivo identificativo como establecemento adherido.
Solicitude adhesión establecemento
Prazo Finalizado
Consulte aquí os establecementos adheridos á campaña MÁIS BARCO
Para calquera dúbida ou consulta pode contactar no teléfono 988320202 e 616402885, ou no correo electrónico infomaisbarco@concellodobarco.org