Máis Barco
Máis Barco
×Comeza a distribución das Tarxetas "Máis Barco", iranse publicando os listados coas persoas que teñen que recoller a tarxeta cada día, estean atentos a esta web e o seu correo electrónico.
Se non pode acudir o día citado, pase calquera outro no mesmo horario.



O Concello do Barco de Valdeorras, en colaboración coa Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) pon en marcha a campaña Máis Barco, coa que se quere reactivar a economía local e apoiar ao comercio e aos cidadáns, todos eles afectados polas consecuencias da Covid19.
Para conseguilo, emitiranse 4.950 tarxetas, cun saldo inicial de 20 euros cada unha aportados polo Concello. En total, o Concello do Barco de Valdeorras destina 100.000 euros á campaña Máis Barco
A TARXETA MÁIS BARCO
- Trátase dunha tarxeta bonificada, cun valor total de 50€, o usuario aporta 30€, mentres que o Concello do Barco aporta outros 20€. Isto supón un aforro do 40% para os usuarios da tarxeta. Deste xeito, movilizaranse no comercio local, case 250.000 euros por medio desta campaña
Para calquera dúbida ou consulta pode contactar no teléfono 988320202 e 616402885, ou no correo electrónico infomaisbarco@concellodobarco.org