O Barco albergou hoxe, por primeira vez, o exame de capacitación para a obtención do carné de artilleiro, que foi supervisado polo subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos. Este carné é imprescindible para a manipulación e uso de explosivos en sectores como a minería e as canteiras, básicos na comarca. Un total de 12 persoas concurriron hoxe á proba.
Organizado pola Área Funcional de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno, este exame trasladouse ao Barco de Valdeorras por primeira vez, e se fixo de xeito simutáneo na cidade de Pontevedra.
O subdelegado do Goberno explicou que a descentralización da proba "era unha demanda que se facía desde Valdeorras desde hai tempo, especialmente polo alcalde do Barco, porque é unha comarca mineira, con moita necesidade desta licenza". Subliñou que "estamos celebrando este exame aquí para facilitarlle máis a labor ao sector mineiro e pirotécnico da provincia de Ourense".
O alcalde do Barco quixo agradecer ao subdelegado "que atendera esa petición e que se descentralicen cousas para que, neste caso O Barco, se beneficie, do mesmo xeito que aconteceu onte coa Conmemoración do 182 Aniversario da Garda Civil". Quixo o rexedor barquense salientar que "esta comarca vive das canteiras e necesita a concurrencia dese tipo de profesionais".












