No caso de que haxa máis persoas inscritas que prazas, procederase a realización dun sorteo, e a lista definitiva de admitidos poderá consultarse na web Cemit (https://cemit.xunta.gal) como “INFORMACION DESTACADA” e unha nova na que figurará a calendarización destas probas, para facilitar que as persoas interesadas se inscriban na localidade do seu interese. Ao rematar os prazos de inscrición e matriculación, publicarase unha lista definitiva de persoas que van a realizar as probas en cada aula.
A certificación COMDIX é a certificación galega en competencias dixitais promovida, dirixida a persoas de máis de 16 años e que certifica o nivel que ten unha persoa para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal como social e profesional. Esta certificación ten como referente o Marco galego de competencias dixitais, alineado co Marco europeo Dig Comp, na súa versión 2.2.
Obter esta certificación servirá aos inscritos para demostrarlle a calquera institución, empresario ou persoa o nivel de aptitude no uso das tecnoloxías dixitais, coa dobre finalidade de motivar á cidadanía na aprendizaxe e manexo das TIC mediante a obtención dun certificado que acredite os seus coñecementos e mellore a súa empregabilidade, por un lado; e, por outro, facilitarlles ás entidades públicas e privadas provedoras de emprego (empresas, administracións públicas, etc.) un mecanismo para poder avaliar obxectivamente as competencias dixitais das persoas que se incorporen ás súas organizacións.










