As Festas do Cristo 2025 comezarán o día 6 de setembro, coa inauguración da Feira de Produtos Tradicioanis, e se prologarán ata o día 15 cun importante programa de actividades no que teñen cabida, ademáis da música, actividades infantis, deportivas, artísticas y recreativas. O orzamento total das festas é de 165.000 euros, dos que preto de 115.000 corresponden ao apartado de orquestras e conciertos. O programa, dixo a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, “e froito de moito traballo, desde hai moitos meses”.
O pregón das Festas correrá a cargo da atleta Eva Arias, e o cartaz –que se presentará nas próximas semanas- é obra do artista loca Anxo Baranga, que tamén protagonizará unha exposición durante os festexos. O concierto estrela deste ano é o grupo The Rapants, que será teloneado polos locais Navegando a Barlovento. O domingo, actuará o grupo Caamaño&Ameixeiras. No que atinxe ás orquestras, o vernes actuará Cañón, o sábado La Fórmula, o domingo, día do Cristo, é o turno de París de Noia, e Olympus pechará as festas o luns.
A Volta Ciclista a España, o Madrugón, o Descenso do Sil e a Milla Urbana son algunhas das actividades deportivas incluidas no programa festivo, ademáis doutras como o campeonato de petanca, fútbol-sala, tenis e a partido do CD co que comeza a liga nesta temporada no seu campo . Tamén haberá animación nas rúas, coas calantornias, bandas e pasacalles, e, como novidade, o venres pola tarde actuará no Malecón o espectáculo de circo Tchyminiguagua. No programa seguen a estar actividades como a Festa das Pandillas (o sábado), coa actuació do grupo Unión Phenosa, e a actuación da Banda, neste caso a de Ponferrada, que como sempre estará acompañando a procesión do día grande das Festas e actuará pola tarde no Malecón.









