“O Barco no Verán é Cultura” é o lema baixo o cal se presenta a amplia e intensa programación que se desenvolverá durante os próximos dous meses e medio no municipio do Barco. Durante este tema, desenvolveranse 35 actividades en total, cos ciclos “De Perto” e “Terrasón” chegando a novas edicións xa consolidados e cun público fiel, así como o programa de Cine ao aire libre, que comezou onte cun concerto de bandas sonoras que tamén forma parte da programación do Sil Fest.
Entre as 35 citas culturais programadas para este verán hai música, teatro, presentación de libros, cine, a feira Medieval de Tremiñá e, como novidade “Diververán en acuático”, unha actividade recreativa para os máis pequenos que se desenvolverá entre o 15 e o 18 de agosto no Campo da Festa. Toda a información pode atoparse nos cartaces.