Os participantes nesta edición da Festa do Botelo do Barco en Vigo poderán degustar un menú composto de sopa de cocido, empanada de maravallas, e botelo con chourizos, repolo e cachelos. A bica, a torta de roxóns e os licores rematarán o xantar. A comida estará acompañada de viños de Valdeorras e, unha vez terminada, haberá actuación musical.
CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS
--