A venda de entradas realizarase o sábado, 11 de xaneiro, a partir das 9 da mañá, no Teatro Lauro Olmo. Poránse á venda 1150 entradas, e cada persoa poderá adquirir un máximo de 10. O Concello de A Fonsagrada é o invitado a esta edición da festa, ao igual que no anterior asistiron representantes de Bembibre (León), e hai dous anos o fixeron os da Cámara Municipal de Tras os Montes. Todos eles, hermanados co Concello do Barco de Valdeorras pola elaboración dun produto gastronómico moi parecido ao botelo.
Este é o programa desta edición da Festa do Botelo
Sábado, 11 de xaneiro
09:00 horas.-Venda de entradas no Teatro Lauro Olmo.
20:00 horas.- Teatro Lauro Olmo.-
Concerto do Botelo: Orfeón Valdeorrés
Xoves, 16 de xaneiro
17:00 e 20:00 horas.- Teatro Lauro Olmo
Cine: “A Cociña”
Venres, 17 de xaneiro
21:00 horas.- Teatro Lauro Olmo
Teatro.- “ Go Home” (David Amor e Josito Porto)
-Sábado, 18 de xaneiro
Pregón da XXIII Edición da Festa do Botelo
12:00 horas.- Teatro Lauro Olmo
Actuación musical de Nerea Jiménez (voz) e Carlos Girona, integrantes da asociación AMAVA.
Mención de honra á cociñeira Virginia Gómez Trincado, do Bar Bambú.
Pregoeiro: David Amor
13:30 horas.- Pasarrúas dos grupos dos Cantos de Taberna dende o Teatro Lauro Olmo ao Pavillón de Calabagueiros
14:30 horas.- Apertura de portas para o Xantar popular no Pavillón de Calabagueiros
Entre as 19:00 ás 22:00 horas, Cantos de Taberna no casco antigo e no Malecón.
-Domingo, 19 de xaneiro
20:00 horas.- Teatro Lauro Olmo
Concerto de Budiño, co seu espectáculo “Branca Vela”