No programa hai actividades para nenos: parque de inchables no Pavillón da praza de España e na carpa do Campo da Festa, campamento de Nadal, contacontos, cine e teatro, para terminar coa Cabalgata de Reis, o 5 de xaneiro.Para adultos, o programa inclúe o Mercado de Nadal, os días 21 e 22 de decembro, o concerto de Paco Campos o sábado 21 de decembro, a proxección do Ballet “El Cascanueces”, cine e o concerto da orquestra de Cámara da Limia, o sábado 28 de decembro ás 20 horas.
Ademais, xa está aberta a inscrición para participar como acompañantes e paxes na Cabalgata de Reis, que percorrerá as rúas do Barco na tarde do 5 de xaneiro. As inscricións deberán realizarse na oficina de Cultura situada no Teatro Lauro Olmo, ben presencialmente ou por teléfono (988320202.-extensión 3001), ou por correo electrónico no mail cultura@concellodobarco.org
Cada Rei Mago estará acompañado nas carrozas por dez nenos de 4 a 11 anos, e por outros seis de a partir de 12 anos, estes últimos para actuar como paxes e carteiros/as. Ademais, outras seis persoas, neste caso adultas, acompañarán a cada rei como gardas reais. O prazo de inscrición remata o día 2 de xaneiro, e, dada a demanda existente, as prazas adxudicaranse por rigoroso orde de entrada.
E desde hoxe, xoves 12 de decembro, estará aberto o prazo de inscrición para participar nos dous Obradoiros de Arte Floral de Nadal que se celebrarán os días 17 e 18 de decembro, de 20 a 21,00 horas.
As prazas son limitadas para cada un dous días, e as inscricións poden realizarse de xeito presencial na oficina de turismo do Barco (ao carón da praza de Abastos), e tamén no correo electrónico infoturismo@concellodobarco.org, e no teléfono 604076918.
Os obradoiros, con inscrición de balde, celebraranse na Sala de Exposicións de Abanca situada na Praza do Príncipe, e serán impartidos por Adela Domenech, de “Más y Más Plantas”, e Yerlin Borjas.