Venres, día 15 de novembro, 21,00 horas
-Teatro, coa obra "As Formas Do Amor" de VERDEVERAS Expresión Artística, en colaboración con la Concellería de Cultura e Educación.
Venres día 22 de novembro, 21 horas
-Teatro "INSUMISA", de ANTAGONISTA Teatro, en colaboración con la Concellería de Cultura e Educación.
Luns, día 25 de novembro
As 12,00 horas, na Praza del Concello:
Concentración de repulsa en contra da violencia de xénero.
Iluminación simbólica do Concello en memoria das mulleres asasinadas: farolillos morados na entrada edificio Multiusos e iluminación da fachada do Concello vello.
Lectura de manifestos por parte de representantes dos institutos do Barco: Martaguisela, Divina Pastora e Lauro Olmo.
Actuación musical de alumnos do Conservatorio do Barco.
Lectura de manifesto institucional do Concello.
Ás 20,30 hrs, no Teatro Lauro OImo: Proxección da película “Soy Nevenka”.
-Mercores 27 de novembro, ás 17,00 e 20.00 horas, proxección da película, "Solo Para Mi", en colaboración co Cine Clube Groucho Marx.
Un ano máis, o Concello invita aos comercios e resto de establecementos do Barco a vestirse de negro, e a colocar carteis de repulsa nos seus escaparates, do 25 ao 30 de novembro. Ademáis, o Concello remitiu unha carta a entidades e asociacións, buscando a implicación do tecido económico, laboral e sindical, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como de toda a cidadanía, tratando de lograr unha resposta colectiva de rexeitamento permanente á violencia de xénero e dos asasinatos machistas.
Como se expresa a ONU, “a violencia contra as mulleres e as nenas, arraigada nunhas relacións de poder desiguais entre mulleres e homes, persiste como unha crise silenciosa e endémica”.