Na primeira obra teatral deste programación, este venres día 27, ás 21,00 horas, Sarabela Teatro presenta "Made in Galicia", "un convite á República Independente da túa língua", según di a propia compañía.
Esta obra de Sechu Sende abre as portas ao humor reflexivo, á poética e ao alcance de todo o mundo a través dun texto que conmove. O teatro feito emoción, sentimento, plasticidade. Un teatro con personaxes cos que identificarse e cos que transitar por diversas situacións.
"Made in Galicia" achega todo isto de maneira clara. A obra transita por momentos recoñecibles no día a día, e combina temas de sociolingüística con maneiras de vivir e pensar amables e xenerosas ás que chegar mediate o lúdico e o divertido, con repouso. Unha maneira de seducir en cuestións de lingua, non de impoñer nada a ninguén.
As entradas estarán a venda de xeito anticipado en Ton y Son, e desde unha hora antes na billeteira do Teatro.
CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS
--
Noticias
Comeza a temporada cultural do terceiro trimestre no Teatro Lauro Olmo
Noticias