CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS
--
Cultura
O Concello do Barco fomenta ao longo de todo o ano diversas actividades culturais e artísticas orientadas a todos os públicos. Teatro, música, cine, danza, conferencias, presentacións de libros ou exposicións configuran unha ampla oferta que se complementa coas actividades que leva a cabo o asociacionismo cultural e outras entidades, públicas e privadas, que enriquecen a vida social e cultural do concello e da comarca. Desde a Concellería de Cultura organízanse, asemade, outros eventos na rúa, especialmente nos meses de verán, as festas tradicionais e as do Cristo.
Teatro Municipal Lauro Olmo, construído como Casa da Cultura en 1987 sobre o edificio e patio do primeiro Grupo Escolar público do Barco foi remodelado para teatro e Conservatorio de Música en 2006. Conta con 275 localidades, 175 en platea e 100 en anfiteatro, e dispón dunha moderna dotación técnica para a celebración de representacións teatrais, concertos, proxeccións de cinema e todo tipo de actos sociais e culturais. Mantén unha programación estable e forma parte da RGTA (Rede Galega de Teatros e Auditorios) e da REAOU (Rede de Auditorios de Ourense). Está situado na rúa da Estación nº 2. Tf: 988320053. cultura@concellodobarco.org
Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán. As instalacións da biblioteca pública están no edifico situado na rúa Academia Dequidt nº 6. Ofrece servizo de lectura, consulta e préstamo, salas de estudo e acceso a internet. Dispón os seus fondos para dar satisfacción a usuarios de diferentes idades. Realiza diversas actividade de promoción do libro e a lectura. Está aberta no seguinte horario:
Verán (de 20 de xuño á 20 de setembro): de Luns a Xoves, de 9,30 a 13,00 horas e de 17,00 a 20,30 horas. Venres, de 09,30 a 13,00 horas.
Inverno (de 21 de setembro a 19 de xuño): de Luns a Venres, de 9,45 a 13,00 horas e de 16,30 a 20,30 horas. Sábado, de 10,00 a 13,00 horas.
Tf: 988684157. obarco@rbgalicia.org / bibliotecaflorencio@concellodobarco.org
Salón de Actos do Edificio Multiusos, está no terceiro andar do edificio situado no número 2 da praza do Concello, onde se encontran as oficinas municipais. Dispón de 60 butacas ampliables e está equipado con sistema de proxección e megafonía. Tel:988320202.
ENLACES DE INTERESE
- Sede
Electrónica - Portal de
Transparencia - Perfil do
Contratante - O noso
Rueiro - Camiño de
Inverno - Suscríbete en
TokApp - Subvencións á
Cidadanía - Web
Turismo