O Servizo de Deporte do Concello do Barco está adscrito á Concellaría de Xuventude e Deporte, o seu labor atinxe ao funcionamento e coordinación das instalacións deportivas do concello, as Escolas Deportivas Municipais e a organización de diferentes actividades e eventos deportivos que teñen lugar ao longo do ano.
O Departamento de Mocidade depende da Concellaría de Xuventude e Deporte e encárgase da dinamización de gran número de actividades recreativas para a xente nova e da organización de campamentos e outros eventos culturais e festivos. O Concello do Barco conta asemade cunha Oficina Municipal de Información Xuvenil, onde se tramita o carné xove ou o carné de alberguista, ao tempo que se informa de axudas para a primeira vivenda e outras convocatorias de interese para a xente moza.